30-03-2020 / COVID-19
Auga Editora non ofrecerá a venda en liña mentres dure o estado de alarma
Esta medida tómase para evitar a exposición do persoal dos servizos de loxística
Durante o estado de alarma, en Auga Editora traballaremos desde a casa para levar ás vosas o noso compromiso de espallar a imaxinación e a literatura a través da rede global. Por iso estaremos compartindo convosco contidos multimedia para que todas e todos poidades ter acceso a eles durante o confinamento.
Neste tempo non faremos venda directa desde a páxina web nin aceptaremos pedidos en liña, xa que non queremos contribuír á exposición do persoal dos servizos de loxística e queremos así apoiar ás librarías e camiñar de novo canda elas en canto se restableza a situación.
Protéxete fronte ao coronavirus e #QuedaNaCasa!
