Antonio Fraguas, unha epopea vital

Antonio Fraguas, unha epopea vital xa está nas librerías!

Antonio Fraguas, unha epopea vital chega ás librerías para conmemorar o Día das Letras Galegas do 2019.

Antonio Fraguas Fraguas, un intelectual en cuxa vida poderiamos resumir toda a realidade do século XX. Un neno de aldea que foi que de acadar unha posición sobranceira na intelectualidade de Galicia grazas ao seu esforzo e tesón.
Neste libro de Xosé A. Perozo con ilustracións de Antonio Seijas, coñeceremos non só o home culto, senón tamén as súas facetas humanas máis íntimas. Esta é unha crónica na que, mediante dous camiños narrativos diferentes, poderemos percorrer os tempos da súa cronoloxía e as escenas da súa vida.