A presentación de Recorrer y recordar Santiago de Compostela

19-06-2019 / Presentación

Éxito con Recorrer y recordar Santiago de Compostela

Foron moitas e moitos os que se achegaron onte martes 18 á Libraría Couceiro para a presentación de Recorrer y recordar Santiago de Compostela

Malia ser coñecido principalmente como exconcelleiro compostelán de Festas, Tráfico e Seguridade Cidadá, José Baqueiro Canabal conseguiu que non quedara un oco dispoñible, invitando a todas e todos a “recorrer e recordar as rúas nas que se desenvolveu toda a súa vida”, como conta La Voz de Galicia. El Correo Gallego TV tamén se atreve a falar do libro, recomenda a súa lectura e anima a probar a ser nós os que pintemos Santiago de Compostela con Colorear y recordar Santiago de Compostela, libro que será presentado o vindeiro sábado 22, incluíndo un obradoiro de debuxo que realizará o propio Baqueiro para os máis cativos. No proceso de creación destas obras hai que sinalar as súas amizades, que foron quenes o animaron a facelo, destacando o nome de Xosé A. Perozo, autor do prólogo e dos textos que acompañan aos debuxos de Baqueiro.

Presentación de Recorrer y recordar Santiago de Compostela na Libraría Couceiro