A librería Couceiro recomenda Rumores de Compostela

A Libraría Couceiro recomenda Rumores de Compostela

15-01-2019 / Recomendación

A Libraría Couceiro recomenda Rumores de Compostela

María Couceiro destacou a obra de Xosé A. Perozo coma «un percorrido polas lendas, a mitoloxía e a rumoroloxía da cidade cunha edición de luxo»

El Correo Gallego TV achegouse até a Libraría Couceiro para falar coa propietaria deste templo dos libros sobre a novela Rumores de Compostela, o último traballo de Xosé A. Perozo que recolle en 12 historias inventadas algunhas das lendas de Santiago. No vídeo, María Couceiro recupera unha das lerias sobre a Rúa das Trompas e a orixe da súa denominación.

Libraría Couceiro en Santiago de Compostela