A grande epopea do pianista de Cans preséntase no Festival de Cans.

A grande epopea do pianista de Cans preséntase no Festival de Cans

A grande epopea do pianista de Cans, de Xosé A. Perozo, terá unha importante presenza no Festival de Cans, con dúas presentacións.

A primeira terá lugar o mércores 22 no Día dos veciños, no Torreiro de Cans, ás 21.00. O autor estará acompañado da profesora e crítica literaria María Navarro. A segunda presentación realizarase o xoves 23, dentro da sección LendoCine. O acto, conducido por Ana Cermeño, terá lugar nos soportais da tenda da Tía Tata, ás 18.00h.

Contamos con vós!

 

  • Sinopse de A grande epopea do pianista de Cans:

Nas proximidades de Porriño, no cume do Monte Castelo, fronte á aldea de Cans existe un rochedo que representa un pianista sentado en actitude de tocar o seu instrumento. Unha grande escultura que podemos tomar por un capricho da natureza.
Pero non, ese personaxe e o seu piano de cola gardan as notas dunha lenda. En realidade o personaxe chamouse Pedro de Chamorro, foi natural de Cans, acadou gloria e mais sona no século XVIII e ficou aí inmortalizado para a eternidade.
Como aconteceu? Ese é o seu segredo, a apaixonante epopea de amor pola música e o tesón que Xosé A. Perozo resucitou aquí para gozo das xeracións presentes e futuras.