6-05-2019 / Premio
5 minutos gaña o Premio Frei Martín Sarmiento 2019
5 minutos gaña o Premio Frei Martín Sarmiento 2019 na categoría de 1º e 2º de Educación Primaria, un galardón que recolleron María Lado e Nove Noel
O pasado venres 3, no Salón Carlos V do Hotel Monumento San Francisco de Santiago de Compostela, tivo lugar o acto de entrega do Premio Frei Martín Sarmiento 2019. Este recoñecemento, convocado polo Departamento de Dinamización Lingüística de Escolas Católicas coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, é unha actividade de animación á lectura en lingua galega dende a Educación Infantil ata o Bacharelato. Finalmente, é o propio alumnado o que emite as súas valoracións para elixir o libro gañador en cada unha das diferentes categorías.

Recomendamos
5 minutos
María Lado
Nove Noel
Galego
978-84-947187-5-5
Contar X Contar
Infantil
14,50 €
