Antonio Fraguas, unha epopea vital

Antonio Fraguas, unha epopea vital

Cada ano o Día das Letras Galegas cítanos cunha personalidade da nosa cultura. Antonio Fraguas Fraguas foi o autor escollido pola RAG para 2019, un intelectual en cuxa vida poderiamos resumir toda a realidade do século XX. Un neno de aldea que foi que de acadar unha posición sobranceira na intelectualidade de Galicia grazas ao seu esforzo e tesón.
En Antonio Fraguas, unha epopea vital coñeceremos non só o home culto, senón tamén as súas facetas humanas máis íntimas. Esta é unha crónica na que, mediante dous camiños narrativos diferentes, poderemos percorrer os tempos da súa cronoloxía e as escenas da súa vida.

  • Se non atopa Antonio Fraguas, unha epopea vital na súa librería de referencia pode solicitalo en Auga Editora.