Presentación de Recorrer y recordar Santiago de Compostela na Libraría Couceiro.

Presentación de Recorrer y recordar Santiago de Compostela na Libraría Couceiro

O vindeiro martes 18 de xuño terá lugar a presentación do primeiro libro de José Baqueiro Canabal, Recorrer y recordar Santiago de Compostela, editado por Auga Editora.

O autor estará acompañado por Xosé A. Perozo, editor, xornalista e escritor; e Pablo Tomé, arquitecto do Consorcio de Santiago.

A presentación realizarase na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela (Praza de Cervantes, 6) ás 19.30h.

 

  • Sinopse de Recorrer y recordar Santiago de Compostela:

Recorrer y recordar Santiago de Compostela é máis que un caderno persoal de viaxe urbano. Este libro ideouse para que o lector, ademais de coñecer os lugares imprescindibles da cidade histórica de Santiago de Compostela, escriba nas súas páxinas todo canto desexe lembrar. Dende as sensacións que pensa manter na memoria, as anécdotas e impresións curiosas e, mesmo, poda trazar os seus propios debuxos ou utilizar algunhas destas páxinas como cartas postais.

Recorrer y recordar Santiago de Compostela consta de versión en tapa rústica y tapa dura.

Se non atopa Recorrer y recordar Santiago de Compostela na súa librería de referencia pode solicitalo en Auga Editora.