Obradoiro de Colorear y recordar Santiago de Compostela

 

As nenas e os nenos pintaron a cidade a toda cor 

 

O pasado sábado a Praza de Cervantes da man da Libraría Couceiro encheuse de nenas e nenos que usaron toda a súa imaxinación coloreando Santiago de Compostela. Estiveron acompañados por José Baqueiro, autor do álbum Colorear y recordar Santiago de Compostela, que os guiou no obradoiro de debuxo.

Tras o éxito da presentación de Recorrer y recordar Santiago de Compostela, o obradoiro de debuxo non se queda atrás. Pero esta vez foron as máis pequenas e os máis pequenos os que tiveron a tarefa de pintar a cidade que ilustra Baqueiro nas dúas obras.