A presentación de Recorrer y recordar Santiago de Compostela

Foron moitas e moitos os que se achegaron onte á Libraría Couceiro para a presentación de  Recorrer y recordar Santiago de Compostela. Malia ser coñecido principalmente como exconcelleiro, José Baqueiro Canabal conseguiu que non quedara un oco dispoñible, invitando a todas e todos e “recordar e recorrer” as rúas nas que se desenvolveu toda a vida, como conta Montse García en La Voz de Galicia.

Presentación de Recorrer y recordar Santiago de Compostela na Libraría Couceiro.

Presentación de Recorrer y recordar Santiago de Compostela na Libraría Couceiro.

 

Correo Televisión tamén se atreve a falar do libro, recomenda a súa lectura e anima a probar a ser nós os que pintemos Santiago de Compostela, con Colorear y recordar Santiago de CompostelaLibro que será presentado o vindeiro sábado 22, incluíndo un obradoiro de debuxo que realizará o propio Baqueiro para os máis pequenos.

No proceso de creación destas obras hai que sinalar as súas amizades, que foron quenes o animaron a facelo, destacando o nome de Xosé A. Perozo, autor do prólogo e dos textos que acompañan aos debuxos de Baqueiro.