A editorial

AUGA EDITORA é un proxecto con dez anos de historia, concibido para editar tanto en galego como en castelán, coa idea de achegar novos formatos e para difundir máis alá dos límites da nosa comunidade contidos creados dentro do ámbito da cultura galega pero coa mente posta en todas as culturas internacionais.

 

Coleccións actuais de Auga Editora:

  • CONTAR POR CONTAR: é o fogar da na narrativa infantil e xuvenil. Os máis pequenos da casa poden coñecer aquí as grandes figuras literarias, como en Miguel, una cabrita y un sueño, referida a Miguel Hernández. Tamén é o recuncho para a toma de conciencia en defensa do medio ambiente ou na igualdade, como en Vanesa non quere ser princesa.
  • ESTRELA POLAR: colección centrada nas biografías básicas de importantes creadoras, nos campos da plástica e a literatura, así como investigadoras, políticas, sociólogas, etc. O primeiro libro desta colección é María Victoria, terra adiante.
  • PENTALFA: é o fogar da narrativa en castelán por autores/as galegos/as. Ata agora, acolle Querido H.P. Lovecraft.

 

Seguimos contando coas coleccións tradicionais de Auga Editora:

  • CÉLEBRES: edicións de calidade dos clásicos da literatura, revisados e ilustrados.
  • MANANACIAL: colección pensada para a transmisión de obras con interese científico e literario.
  • SABER + e ECOSALUD: estas coleccións acollen libros de divulgación, autoaxuda e medicinas alternativas.
  • PIENSA, LUEGO RÍES e FERVENZA: nestas ocasións quixemos abrirlles un oco ao humor e a literatura en castelán.