Auga Editora

Ola, acaba de entrar en AUGA EDITORA. Temos ás nosas costas dez anos de existencia e un cento de experiencias editoriais das que saímos con fortuna en tempos de crise. Nacemos coa crise pero non nos iremos con ela.

Ao centrarnos noutros proxectos editoriais, alleos ao circuíto das librerías, algunhas das nosas primeiras coleccións esgotáronse. Agora chegou o momento de renovar unhas e crear outras.  As nosas inquedanzas sociais de defensa do medio ambiente, a igualdade, o lecer, a educación infantil e xuvenil, a promoción da lectura, contra a violencia de xénero, etc. son os camiños polos que seguimos transitando.

Esperamos que esta web, ademais de a particulares, sexa útil aos circuítos libreiros, aos clubs de lectura e ao mundo da educación. AUGA EDITORA está dotada para atender consultas e solicitude de libros mediante este CONTACTO.

Noticias

Obradoiro de Colorear y recordar Santiago de Compostela

    O pasado sábado a Praza de Cervantes da man da Libraría Couceiro encheuse de nenas e nenos que usaron toda a súa imaxinación coloreando Santiago de Compostela. Estiveron acompañados por José Baqueiro, autor do álbum Colorear y recordar Santiago de Compostela, que os guiou no obradoiro de debuxo. Tras o éxito da presentación […]

A presentación de Recorrer y recordar Santiago de Compostela

Foron moitas e moitos os que se achegaron onte á Libraría Couceiro para a presentación de  Recorrer y recordar Santiago de Compostela. Malia ser coñecido principalmente como exconcelleiro, José Baqueiro Canabal conseguiu que non quedara un oco dispoñible, invitando a todas e todos e “recordar e recorrer” as rúas nas que se desenvolveu toda a vida, como […]

Presentación de Recorrer y recordar Santiago de Compostela na Libraría Couceiro

Presentación de Recorrer y recordar Santiago de Compostela na Libraría Couceiro.

O vindeiro martes 18 de xuño terá lugar a presentación do primeiro libro de José Baqueiro Canabal, Recorrer y recordar Santiago de Compostela, editado por Auga Editora. O autor estará acompañado por Xosé A. Perozo, editor, xornalista e escritor; e Pablo Tomé, arquitecto do Consorcio de Santiago. A presentación realizarase na Libraría Couceiro de Santiago […]